Unha nova saída á Illa de Arousa organizada polo Grupo Xacobeo Rutas de Sarria terá lugar o domingo
O Grupo Xacobeo Rutas de Sarria organiza unha nova saída para este domingo, 2 de xullo, á Illa de Arousa para socios e non socios que desexen desfrutar dunha saída cultural, turística e de verán.
Así, as saídas serán ás 06.00 horas desde Sarria ou ás 06.30 horas desde Lugo para chegar o máis cedo posible á Illa de Arousa para levar a cabo unha ruta costeira de 14 quilómetros e de dificultade baixa.
Durante este percorrido, as persoas participantes poderán ver as paisaxes que agocha esta Illa das Rías Baixas ao dar unha volta ao perímetro da mesma; aínda que as persoas que prefiran non facer esta ruta, poderán desfrutar dunha xornada de visita turística pola vila.
Hoxe é o último día para apuntarse a esta actividade que terá un custo de 47 euros para socios e de 50 para os que non son socios, que inclúe o desprazamento, a comida e os seguros necesarios.