Unha nova sesión de Baño de Son terá lugar en Sarria
SarriaXa
Unha nova sesión de Baño de Son terá lugar en Sarria
6 Feb 2023
O vindeiro 19 de febreiro ten lugar outra sesión de Baño de Son, da man de Marian García de Vicuña na Sociedad Recreativa La Unión de Sarria.
A partir das 19.00 horas os asistentes poderán desfrutar dunha actividade que consiste en conseguir a relaxación e o contacto cun mesmo a través de sons de diferentes instrumentos.
Para apuntarse ou coñecer máis información, pódese contactar coa instructora Marian García de Vicuña a través do número 657 776 942.