Unha parte da colección do Museo Paixón Motor Slot de Julio Páramo está exposta en Sarria

SarriaXa
Unha parte da colección do Museo Paixón Motor Slot de Julio Páramo está exposta en Sarria ata o vindeiro 18 de xuño
Exposición Museo Paixón Slot piscina Sarria
Exposición Museo Paixón Slot piscina Sarria
31 Maio 2023

Julio Páramo ten exposta na entrada da piscina climatizada de Sarria unha colección de pilotos de coches e motos que forman parte do seu proxecto Museo Paixón Motor Slot.

Desde a pasada concentración moteira organizada por Sarria Bikers, o enxeñeiro decidiu expoñer parte da súa colección de pezas slot relacionadas con este evento de motos nalgún lugar, polo que falou co Concello de Sarria, quen lle deixou expoñer en vitrinas estas figuras en miniatura.

Así, desde o 12 de maio e ata o 18 de xuño, antes de San Xoán, estará exposta no hall da psicina climatizada de forma aberta e gratuíta para calquera persoa que lle interese botarlle un ollo. Se algunha persoa quere, ademais, unha visita guiada, pode pedir cita a través do contacto que aparece na páxina web.

0.055679082870483