Unha planta fotovoltaica será instalada no parque eólico Serra do Páramo pola empresa Virandel

O Concello do Páramo poderá contar cunha planta fotovoltaica xunto ao parque eólico Serra do Páramo, propiedade da empresa Virandel, promotora desta iniciativa solar.
Así, desde Virandel teñen a intención de colocar 5.700 placas solares no concello paramés, asumindo un custo de 2,7 millóns de euros.
Esta planta fotovoltaica situarase na parroquia de Friolfe “pola alta radiación solar existente, o posible reaprovechamiento dos terreos e as súas características geomorfológicas, así como a súa proximidade ao parque eólico”, como recolle o proxecto.
De construirse, a planta fotovoltaica do Páramo será a primeira destas dimensións que se pon en marcha na comarca sarriá.