Unha ruta descoñecida e con encanto en Paradela
Coa pandemia, e despois de varios meses pechados, moitas persoas comezaron a adoptar outras rutinas e, certas actividades que se valoraban por uns poucos, entraron en auxe. Así pois, unha das beneficiadas foi o sendeirismo, algo que Paradela valorou, co amaño e a composición dunha nova ruta. A ruta denomínase Camiño Vello de Aldosende -parroquia onde se atopa- e é un sendeiro recentemente homologado que ten coma protagonista o río Miño e discorre pola Ribeira Sacra. A ruta está dotada de varios miradoiros e remata no de Cavodevila e Penedo do Bico, cerca da desembocadura do río Loio no Miño. Ademais, o percorrido lévate por viñedos típicos da zona, así coma por bosques autónomos.
Outro dato a ter en conta é o bo estado e a sinalización coa que conta a ruta. Sen embargo, conta cun problema e é que se trata dunha ruta lineal, polo que, cando se chega ao final, hai que voltar ao punto de partida ou, para non dar a volta, pódese levar algún vehículo ao final da ruta propiamente dita.
Por outro lado, Paradela conta con máis rutas de interés local. Outro percorrido que goza de certa importancia é a ruta do Loio, homologada pola federación galega de Montañismo. Esta ruta comeza na capital do municipio, no camiño da Ruxidoira ao pé do muíño do Cabo e remata na parroquia de San Xoán de Loio. A ruta conta con paisaxes de diferente tipo coma fervenzas, bosques de almendros, sauces e robles, así coma monumentos e capelas. Unha das paradas que máis destaca na ruta son as ruínas do monasterio de Santa María de Loio, un espazo onde se creou a Orde Militar dos Cabaleiros de Santiago -doce cabaleiros que en 1170 fixeron o xuramento de protexer a peregrinos dos asaltos de infieis-. Desta edificación tan só se conservan as escaleiras, un sarcófago e a capela de Santa María do Loio que foi restaurada recentemente.