Unha semana de obras no barrio Andión de Sarria para a mellora do firme
O barrio de Andión de Sarria comezará este mércores a súa renovación do firme. Estes traballos terán un custe total de 233.046 e constará do asfaltado da Rúa do Castelo e parte da explanada do campo da feira.
Hoxe luns e martes comezarán os cortes de tráfico oportunos para poder realizar estas labores. Comenzarase pola Rúa Padre Sarmiento, continuando por Rosalía de Castro, Murallón e Frei Luís de Granada. Estes traballos de mellora do firme serán complementados coa colocación de sinalización horizontal.
Contase que as obras finalicen a semana que ven aínda que están suxeitas á situación meteorolóxica.
Se algún dos veciños precisa acceder a algunha das vías cortadas durante os traballos deberá poñerse en contacto coa Policía Local.
A actuación neste barrio é unha superación que mellorará a calidade de vida dos veciños xa que, esta rúa, estaba libre de obras dende máis de 30 anos polo que a zona contén un firme irregular e fochancas que poden ser un risco para os veciños. Estes traballos enmárcanse no plan de asfaltado da zona urbana e rural que se levará a cabo durante os vindeiros meses. Estas actuación inclúen próximas obras na zona escolar, pistas de Castelo dos Infantes e Santa Icía.
O custe de 233.046 euros é financiado a cargo dunhas modificacións de crédito aprobadas en maior de 2021. Do total de 2,8 millóns de euros, 617.000 euros serán destinados ao aglomerado en quente