Unha unidade móbil de supervisión e control da Inspección Técnica de Vehículos estará en Paradela

SarriaXa
Desta maneira, estará instalada no mercado gandeiro do 21 ao 28 de xaneiro
ITV-agricola
3 Dec 2024

Unha unidade móbil de supervisión e control da Inspección Técnica de Vehículos desprazarase ao municipio de Paradela do 21 ao 28 de xaneiro co fin de que a veciñanza poida realizar a inspección dos seus vehículos agrícolas.

Desta maneira, estará instalada no mercado gandeiro en horario de 09.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas, agás os días 24 e 28, que só estará en horario de mañá.

Ademais de realizar a inspección de vehículos agrícolas, tamén se realizará a inspección de obras e servizos que a súa velocidade máxima por construcción non supere os 40 km/h, a súa tara non supere (peso en baleiro) os 8.000 kg, nin exceda de 2.500 mm na súa anchura.

0.15339994430542