Unha usuaria da residencia de maiores Nosa Señora do Carme de Sarria cumpriu 100 anos

SarriaXa
Pilar Vázquez Fernández, unha das usuarias da residencia de maiores Nosa Señora do Carme de Sarria, cumpre 100 anos, un emotivo evento que se celebrou cunha gran tarta na propia residencia con traballadoras, familia, amigos e membros da corporación do goberno municipal.
residencia maiores sarria
19 Ago 2023

Pilar Vázquez Fernández, unha das usuarias da residencia de maiores Nosa Señora do Carme de Sarria, cumpre 100 anos, un emotivo evento que se celebrou cunha gran tarta na propia residencia con traballadoras, familia, amigos e membros da corporación do goberno municipal.

A muller recibiu un ramo de flores e unha placa conmemorativa para celebrar a súa chegada a tan alta idade na residencia pública da vila, onde moitos maiores conviven no seu día a día cos mellores coidados.

Esta é unha das mulleres máis lonxevas da residencia de maiores, pero tamén da vila, que acolle esta fin de semana o Festival Internacional de Maxia Vila de Sarria e o festival Ribela Love and Nature.

0.13810682296753