Unha victoria e dúas derrotas, balance do CB Sarria nunha intensa fin de semana
O Club Baloncesto Sarria afrontou unha fin de semana con poucos partidos debido a festividade do Días das Letras Galegas e tamén porque moitas competicións xa están chegando ou chegaron ao seu fin. Así, os diferentes equipos da entidade sarriana apenas disputaron tres encontros, pero todos eles moi importantes para eles.
CADETE FEMININO
A xornada, ademais, empezou con boas novas. O equipo cadete femenino, o Castro Agrasar C.B. Sarria, visitaba o sábado pola mañá, ás 12.00 horas, o Pavillón do Colexio Esteiro de Ferrol para enfrontarse ao Baxi Ferrol coa intención de olvidar o seu tropezo da xornada anterior en casa ante Montrove (52-55). E abofé que o conseguiron. As cadetes lograron unha importante victoria para seguir na loita dun ascenso que todo apunta vanse xogar nas dúas últimas xornadas ante o líder invicto, o Basquet Coruña.
CADETE MASCULINO
Tamén o sábado pero xa pola tarde, ás 17 horas, foi o turno do equipo cadete masculino. Os rapaces do Oral Design C.B. Sarria tiñan un difícil desprazamento a Ferrol para xogar en Santa Mariña ante o líder invicto, o Aringal Basket Ferrol. Os locais confirmaron sobre a pista o seu teórico favoritismo e conseguiron a victoria claramente (81-56).
MINI FEMENINO
O domingo chegou o partido máis esperado da fin de semana, o encontro no que as minis do Cementos Comos C.B. Sarria podían dar un paso definitivo para asegurar a súa presenza na Final Four da Liga Galega e, ademais, para acercarse de forma casi decisiva á primeira praza esquivando así o partido de cuartos de final.
As expectativas eran boas xa que as minis do C.B. Sarria gañaran sete días antes na súa pista ao Basket Coruña Leyma (49-58). Sen embargo, as xogadoras do Cementos Cosmos non tiveron o seu mellor día e caíron con claridade ante un rival moi centrado e acertado (40-60).
A SEGUNDA PRAZA, NA MAN
A derrota complica moito as posibilidades das sarrianas de acabar na primera praza posto que agoran non van depender de sí mesmas e necesitarán que o Basket Coruña tropece nalgún dos seus dous últimos compromisos ante Salesianos Vigo.
Eso sí, o Cementos Cosmos segue a ter na súa man clasificarse para a Final Four da Liga Galega. Unha victoria o próximo sábado no Pavillón do Chanto as 16.30 horas ante o Academia Celta certificaría o seu pase.