Unha vivenda de promoción pública de Sarria foi entregada en réxime de alugueiro pola Xunta
SarriaXa
A Xunta de Galicia entregou unha vivenda de promoción pública en réxime de alugueiro na rúa Frei Luis de Granada de Sarria que conta cunha superficie de 61 metros cadrados, praza de garaxe e rocho.
14 Dec 2023
A Xunta de Galicia entregou unha vivenda de promoción pública en réxime de alugueiro na rúa Frei Luis de Granada de Sarria que conta cunha superficie de 61 metros cadrados, praza de garaxe e rocho.
As persoas interesadas en optar ás adxudicacións de vivendas que xestiona a Administración autonómica a través do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) deben inscribirse no Rexistro de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia. O procedemento é gratuíto e está aberto todo o ano.