Unha xornada para promover a igualdade e a corresponsabilidade nas familias
Sarria será o escenario este mércores 11 de setembro da xornada “Moito que facer!”, unha iniciativa que busca sensibilizar á poboación galega sobre a importancia da igualdade, a conciliación e a corresponsabilidade nos coidados familiares. Esta actividade forma parte dun proxecto itinerante que percorrerá 24 localidades nas catro provincias galegas da man da Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS).
Durante a xornada, habilitarase unha carpa informativa onde os asistentes poderán acceder a materiais sobre conciliación e corresponsabilidade con perspectiva de xénero, así como recibir asesoramento sobre monoparentalidade e as axudas dispoñibles para este tipo de familias. O evento terá lugar de 16.00 horas a 20.00 horas e será na Praza da Vila de Sarria.
PROGRAMA
16.00 horas. Habilitarase unha carpa informativa onde se poderá acceder a materiais corresponsabilidade e coidados con perspectiva de xénero. Ademais proporcionarase sesoramento sobre monoparentalidade e información sobre lexislación e axudas dispoñibles.
18.00 horas. Terá lugar un relatorio informativo e un faladoiro onde se analizarán as desigualdades nas tarefas do fogar e da crianza, o impacto na saúde e o benestar familiar. Para os máis pequenos haberá distintas actividades infantís.
20.00 horas. Peche da xornada.
Para participar, os interesados deberán inscribirse dende a páxina web da asociación ou na mesma mesa informativa o día da xornada. Todos os participantes do relatorio e faladoiro recibirán un agasallo.