Unha xornada sobre envellecemento activo desevolverase en Láncara
SarriaXa
A xornada desenvolverase este venres, 24 de maio
20 May 2024
Láncara acolle o vindeiro 24 de maio, venres, unha xornada sobre envellecemento activo da man do programa de actividades Xunt@s da Deputación de Lugo.
Durante a xornada, que terá lugar a partir das 18.15 horas na escola parroquial de Láncara, as persoas interesadas en asistir recibirán información sobre a vellez e o exercicio de forma gratuíta.
Estas actividades favorecen a participación da cidadanía na comunidade así como impulsan o tecido asociativo da provincia.