Unhas xornadas sobre adicción ás novas tecnoloxías terán lugar no Ceip Frei Luís de Granada

SarriaXa
Unhas xornadas sobre adicción ás novas tecnoloxías terán lugar no Ceip Frei Luís de Granada da man de Alar
colexio frei luis sarria2
15 Abr 2023

A Anpa do Ceip Frei Luís de Granada de Sarria e a dirección do centro organizan varias conferencias e talleres a través da Fundación Alar.

Esta iniciativa será desenvolvida por cursos para todo o alumnado, e terán como tema principal a adicción a novas tecnoloxías para todos os cursos.

Por outro lado, tamén terán lugar unhas xornadas de prevención contra o suicidio para o alumnado de 5° e 6° de primaria.

Todos os contidos están adaptados e estudados polos respectivos titores, e profesora-coordinadora de actividades extraescolares.

As charlas contan coa subvención da Xunta a través da Consellería de Sanidade e serán impartidas por profesionais da fundación Alar.

O primeiro obradoiro terá lugar o mércores, 3 de maio, ás 16.30 horas e consistirá nun taller de habilidades parentais: ’Adicción ás Novas Tecnoloxías e factores de risco diante da Conduta Suicida’.

0.14908480644226