Urko e Propicios Días actúan este sábado no Buril de Sarria

SarriaXa
Será o escenario dun encontro musical de metal galego e deathgrind que promete animar a noite sarriá
buril-sarria-concerto-orko-propicios-dias
16 Jan 2025

O local do Buril ACDE acolle este sábado, 18 de xaneiro, un novo evento musical. Os grupos Urko, procedente de Santiago de Compostela, e Propicios Días, de León, subirán ao escenario para ofrecer un concerto cheo de enerxía e boas vibracións.

A actuación comezará a partir das 22.00 horas e contará coa participación destes dous grupos que destacan polos seus estilos propios e pola súa conexión co público.

Urko traerá a súa proposta baseada no metal galego e en galego, mentres que Propicios Días fará vibrar aos asistentes co seu deathgrind que mestura a intensidade, a velocidade e a brevedade do grindcore coa brutalidad do death metal.

As entradas estarán dispoñibles a un prezo único de 7 euros. A organización anima a todos os amantes da música en directo a participar nesta cita cultural que promete ser unha gran experiencia.

O concerto forma parte da programación de actividades culturais impulsadas por Buril ACDE , que continúa apostando por enriquecer a oferta cultural en Sarria.

 

 

 

 

 

 

0.12723398208618