Val de Láncara organiza un curso de cerámica que permitirá aos interesados apuntarse cando queiran
A Asociación Val de Láncara ten en marcha un curso de cerámica que comezou o primeiro sábado de febreiro e que se estenderá durante todo o ano.
A actividade, que se desenvolve entre as 20.30 e as 22.30 horas, ten lugar na antiga escola de Láncara, onde entre 10 e 20 persoas acoden para elaborar de forma artesanal figuras, utensilios e ferramentas de barro.
Aínda que xa comezou, as persoas interesadas en participar poden apuntarse cando queiran, podendo empezar ao ritmo que decidan.
O prezo de curso é de 15 euros para os socios da asociación e de 20 para os que non son socios e para inscribirse poderase facer a través do número 691 175 650.
Outras actividades de Val de Láncara
Por outra banda, a Asociación Val de Láncara ten en marcha outras actividades como o curso de música tradicional, baile e canto con pandeireta, que se imparte os domingos a partir das 10.30 horas con grupos de nenos e outro de adultos.
Este estase a desenvolver na parroquia de Carracedo, nas antigas instalacións do Concello de Láncara.