Val de Láncara organiza un obradoiro de manualidades e reciclaxe este sábado

SarriaXa
A actividade, gratuíta e aberta a nenos e adultos, celebrarase o 30 de agosto a partir das 17:00 horas
Imaxe recurso dun rapaz facendo manualidades
26 Aug 2025

A Asociación Cultural Val de Láncara organiza este sábado 30 de agosto, desde as 17:00 horas, un obradoiro de manualidades e reciclaxe dirixido a todas as idades.

A proposta ten como obxectivo dar unha segunda vida a materiais como papel, teas e outros elementos, empregándoos para crear figuras e obxectos que servirán tanto para decorar a casa como para gardar utensilios.

A iniciativa contará con grupos diferenciados para nenos e para adultos, de modo que cada participante poida adaptarse ao seu nivel creativo. O taller será totalmente gratuíto e a entidade anima a veciños e veciñas a sumarse á actividade.

As inscricións poden realizarse chamando ao número de teléfono 691 175 650.

⚙ Configurar cookies
0.067033052444458