Val de Láncara organiza un roteiro o sábado
SarriaXa
O percorrido iniciarase ás 10.45 horas desde O Furco, o lugar no que se entroncan tres concellos: Becerreá, Triacastela e Láncara.
15 Apr 2021
A asociación cultural Val de Láncara organiza un percorrido pola Ruta do Camiño Real o vindeiro sábado, día 17.
O punto de encontro dos participantes será ás 10.00 horas na Casa Enriqueta da localidade para logo, ás 10.45 horas, iniciar o percorrido desde O Furco. Neste lugar é onde entroncan os concellos de Becerreá, Triacastela e Láncara.
O roteiro pódese facer andando ou en bicicleta, e os organizadores lembran a obriga de facer uso da máscara sanitaria en todo momento.