Val do Mao festexará as festas na honra a San Eufrasio os días 15 e 16 de maio

A parroquia de Val do Mao, no Concello do Incio, prepárase para vivir dous días de intensa celebración con motivo das festas na honra a San Eufrasio, os vindeiros 15 e 16 de maio de 2025.
O evento contará con música en directo, gastronomía e tradición, co respaldo de numerosos patrocinadores e o entusiasmo da veciñanza.
O programa festivo comezará o xoves 15 de maio cunha misa ás 11:00 horas e unha misa maior ás 13:30 horas, seguida de procesión e sesión vermú a cargo do Grupo de Música Tradicional Biouteiro Astellu. Pola noite, ás 21:00 h, celebrarase unha cea popular amenizada polo Grupo Tania Veiras, que poñerá o toque musical á xornada.
O venres 16 de maio, a festividade continuará cunha nova misa maior ás 13:30 horas, procesión e outra sesión vermú, esta vez a cargo do Grupo Zona Zero. Ás 22:00 horas chegará un dos momentos máis agardados: a gran verbena, coas actuacións do Grupo Zona Zero e da Orquestra Miramar, que prometen facer bailar a todo o público ata altas horas da madrugada.
Estas festas, organizadas co patrocinio da Deputación de Lugo, son unha oportunidade perfecta para xuntarse, gozar da música e manter viva a tradición.