Varios accesos a núcleos de poboación do Concello do Páramo están sendo mellorados
O Concello do Páramo está a mellorar as rúas do municipio a través de obras que están en fase de execución ou recentemente executadas.
Por unha parte, o goberno local ten en execución o acondicionamento e a mellora de accesos aos núcleos de Mundín e Vilar. Tamén ten en execución a pavimentación de accesos aos núcleos de Vigo, Piñeiro e Vilasante.
En canto as obras recentemente executadas, o camiño Villeiriz-Guisande xa foi acondicionado e mellorado; mentres que o camiño de Novás e o acceso ao Agro foi mellorado en canto ao seu pavimento.
Por último, tamén mellorouse o pavimento dos accesos aos núcleos de Reascos, Armada e O Campo.
Como punto de especial mención, o alcalde do Páramo, José Luís López, dixo que co obradoiro de emprego estase a acondicionar e rehabilitar vivendas en Piñeiro e reformando a fonte.