Varios candidatos populares visitarron a feira gandeira de Sarria para poñer en valor a carne como produto básico

SarriaXa
Varios candidatos populares visitarron a feira gandeira de Sarria para poñer en valor a carne como produto básico
Francisco Conde feira gandeira de Sarria
28 Xuño 2023

Francisco Conde visitou a feira gandeira de Sarria, no marco das grandes festas de San Xoán da vila, xunto a outros candidatos populares, na que destacou que a comarca de Sarria é unha gran produtora de carne.

Así, dixo que “a carne non pode ser un produto de luxo, senon que é un artigo de primeira necesidade, básico na alimentación da cidadanía”, e cre "imprescindible a rebaixa do IVE da carne e do peixe, unha medida totalmente necesaria que elude o presidente do Goberno".

Conde destacou que Feijóo "propón baixar do 10 ao 4 % o IVE da carne, o pescado e as conservas para aliviar a carga que supón a inflación nos petos das familias", xa que, para o Partido Popular, “a carne non é un artigo de luxo e ten que ser considerada tamén un artigo de primeira necesidade, básico na alimentación da cidadanía”.

Comentou, ademais, que en Lugo hai unhas 20.100 explotacións gandeiras, das que 11.150 son de bovino, e delas, 1.558 están na comarca de Sarria (no concello de Sarria: 449), onde "os gandeiros non son capaces de vender o que producen, porque a xente non pode mercar un alimento tan básico como a carne, polo que a cadea de produción alimentaria está gravemente afectada", denunciou.

0.14585113525391