Varios cursos para o manexo da internet serán impartidos na aula Cemit de Sarria

SarriaXa
Varios cursos para o manexo da internet serán impartidos na aula Cemit de Sarria durante os meses de novembro e decembro
ordenador nenos tecnoloxia
2 Nov 2022

Sarria continúa coa formación en dixitalización e formación básica en competencias informáticas con varios cursos dirixidos a tódolos veciños do municipio.

Esta formación que terá lugar durante este mes de novembro na aula Cemit (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) da Casa da Cultura de Sarria, situada na rúa Marqués de Ugena, impartiranse de xeito gratuíto para os asistentes.

Entre a oferta dispoñible atópanse cursos de Administración Electrónica: Ch@ve, Iniciación á Informática, Iniciación á Internet e Correo Electrónico, Introdución á Edición de Imaxes e Retoque Básico co Gimp, Ofimática na Nube: Google Drive e Introdución o Codix: LibreOffice Writer.

O curso de Administración Electrónica: Ch@ve terá lugar os días 30 de novembro e 7, 14 e 21 de decembro en horario de 19.00 a 20.30 horas.

Iniciación á Informática impartirase o 3, 7, 10, 14, 17, 21, 24 e 28 de novembro de 16.00 horas a 17.30.

As clases de Iniciación á Internet e Correo Electrónico serán os días 3, 7, 10, 14, 17, 21, 24 e 28 de novembro de 17.30 a 19.00 horas.

Os interesados en recibir formación en Introdución á Edición de Imaxes e Retoque Básico co Gimp poderán facelo acudindo os días 3, 7, 10, 14, 17 e 21 de novembro de 19.00 a 20.30 horas.

Ofimática na Nube: Google Drive impartirase os días 2, 9, 16 e 23 de 19.00 a 20.30 horas.

E por último, as clases de Introdución o Codix: LibreOffice Writer terán lugar o 28 de novembro e o 1, 5, 12, 15 e 19 de decembro de 19.00 a 20.30 horas.

As inscricións aínda están abertas e pódense realizar na Casa da Cultura de xeito presencial, chamando ó teléfono 982 530 723, no correo cemit.sarria@xunta.gal ou ben na web www.cemit.xunta.gal/es/centros/sarria

cursos cemit sarria
0.14421200752258