Varios ouros, pratas e bronces para o Club Xirandela no Torneo Terra Chá

As ximnastas do Club Xirandela de ximnasia rítmica de Sarria viviron unha nova fin de semana de éxitos no Torneo Terra Chá, celebrado na localidade lucense de Baamonde.
Na categoría de Nivel B, o conxunto de iniciación conseguiu a medalla de ouro, destacando pola súa coordinación, técnica e posta en escena, o que lles permitiu subir ao máis alto do podio.
Os bos resultados continuaron no Nivel Escolar, onde o Club Xirandela sumou máis medallas: ouro en Conxunto Iniciación, ouro en Conxunto Prebenxamín e ouro en Conxunto Cadete. Ademais, acadaron unha meritoria medalla de prata na categoría de Conxunto Benxamín e un bronce en Conxunto Alevín M, completando así unha participación moi exitosa e variada en canto a logros.
Desde o club destacan o orgullo polo traballo das súas ximnastas e o compromiso que amosan en cada torneo.