Veciños de Sarria piden á CHMS que redacte por escrito os cambios da Edar
O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, realizou unha xuntanza cunha trintena de veciños da Veiguiña, A Ribeira, Vilar, Vilarrairo e a zona da carretera, en Vilar de Sarria para informar sobre o novo proxecto de saneamento da Edar. Así pois, os veciños pediron que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil redacte por escrito os cambios que proxecta facer na Edar.
A novidade do proxecto é a construción dun colector que non estaba previsto no plan inicial, e que aumentará o custe en 360.000 euros. Grazas a este colector, poderase xestionar o volume de augas residuais, que actualmente non se logra conseguir e provoca a contaminación do río.
De todas formas, algúns dos veciños da zona dudan da efectividade que pode ter o colector e outros defenden a construción dunha nova Edar noutro espazo e cunha maior capacidade. Por iso, instan a CHMS que redacte por escrito os cambios que quere efectuar.