Verbena Fest regresa a Sarria con dúas noites de música en agosto

Verbena Fest volve este verán cun formato renovado de dúas xornadas cheas de música ao aire libre, festa e emocións intensas.
O evento celebrarase os días 1 e 2 de agosto en Sarria e contará con 10 bandas e DJ, distribuídos en diferentes espazos para gozar, bailar e vivir a música sen filtros.
O venres 1 de agosto, a entrada será de balde no Escenario Meigallo, onde actuarán De Ninghures, Alison Darwin e Saha & Ryu.
O sábado 2 de agosto, haberá vermú tamén con entrada libre no Escenario Don Pepe, con concertos de Veciños, Montedepena e Grande Osso.
Pola noite, o Escenario Meigallo acollerá os concertos principais da xornada, con Cala Vento, Ortiga, Shego, El Chico López, Louband e de novo Grande Osso. Para esta sesión nocturna do sábado, a entrada será de pago.
A Verbena Fest ofrece unha experiencia única que mestura a enerxía das verbenas tradicionais cun estilo propio, moderno e cheo de identidade local. Luces, risas e moita música nunha cita imperdible do verán galego.