Víctor Manuel Armesto, Paula González e David Gómez, gañadores dos concursos de Nadal de Sarria
O Concello de Sarria anuncia os gañadores do V Concurso de Fotografía de Nadal Desde Sarria con Amor e do IV Concurso de Decoración de Nadal.
Así, os gañadores do V Concurso de Fotografía de Nadal foron Víctor Manuel Armesto López, que gañou o primeiro premio, dotado con 250 euros, mentres que Katia Lodeiro Penas obtivo o segundo premio e recibiu 200 euros. Noel Pérez Álvarez levou o terceiro premio cunha recompensa de 100 euros. Finalmente, Iago Rodríguez Carballeira foi galardoado co cuarto premio e 50 euros.
Pola súa banda, os gañadores do IV Concurso de Decoración de Nadal foron Paula González Gómez, que gañou o primeiro premio con 200 euros; Pablo Amancio Paradela Fernández, que obtivo o segundo premio, recibindo 150 euros; e Massimo Cotardo logrou o terceiro premio cunha dotación de 100 euros, no apartado de decoración interior.
No que respecta aos gañadores dos premios pola súa decoración exterior, foron David Gómez Somoza, que conseguiu o primeiro premio cunha recompensa de 450 euros; Jesús González Martínez obtivo o segundo posto, recibindo 350 euros, e Soledad Arias Neira conseguiu o terceiro premio con 200 euros.