Víctor Vázquez Portomeñe dará mañá en Paradela unha conferencia sobre O Camiño de Santiago

SarriaXa
O avogado Víctor Vázquez Portomeñe dará mañá no concello de Paradela unha conferencia sobre O Camiño de Santiago
paradela bicentenario portada
24 Nov 2022

Dentro da programación do Bicentenario do Concello, o avogado e político Victor M. Vázquez Portomeñe participará dando unha conferencia sobre O Camiño de Santiago.

A conferencia, que terá lugar no Centro sociocultural Manuel Rodríguez López ás 19.00 horas será de entrada libre ata completar o aforo, invitándose especialmente a quen queira coñecer de primeira man a xénese e primeiros tempos da promoción do Camiño de Santiago en Galicia.

Nela participarán o alcalde de Paradela, José Manuel Mato Díaz, e Vázquez Portomeñe que será presentado polo profesor Antonio Calvo Varela.

Non é que Portomeñe redescubrise o Camiño de Santiago, pero si que dende a Xunta de Galicia, como conselleiro, impulsou o Camiño no que cría e que o considera decididamente como “elemento primordial para a potenciación da imaxe de Galicia no exterior e como unha fonte practicamente inesgotable de riqueza -material e espiritual- para o país”, afirma.

O punto de partida desta iniciativa hai que buscalo nunha xuntanza presidida polo conselleiro Portomeñe no Concello de Paradela hai 29 anos na que participaron os alcaldes do Camiño, representantes da Igrexa e xente relacionada coa investigación histórica, na que se acordou poñer en marcha unha serie de accións para dar o coñecer o Camiño Francés a Compostela, e difundilo para conseguir que se convertese de novo na gran vía de conexión de Galicia coa Europa occidental.

0.16167092323303