Vilamor do Courel celebrou as festas de San Vicente lembrando á Banda do Incio e a de Raxoá

RibeiraSacraXa | SarriaXa
A parroquia de Vilarmor, do Concello de Folgoso do Courel, celebrou a tradicional festa de San Vicente, da man da asociación sociocultural O Quintairo de Vilarmor xunto coa asociación Fonte do Milagro da parroquia de Froxán.
baile dos toxos O Courel
22 Xan 2024

A parroquia de Vilarmor, do Concello de Folgoso do Courel, celebrou a tradicional festa de San Vicente, da man da asociación sociocultural O Quintairo de Vilarmor xunto coa asociación Fonte do Milagro da parroquia de Froxán.

Así, entre as actividades destacadas estiveron a homenaxe a dúas formacións musicais xa desaparecidas, a Banda do Incio e a Banda de Raxoá, da parroquia de Trascastro do Incio, que adoitaban actuar nestas festas.

Ademais, as persoas participantes puideron desfrutar do tradicional baile dos toxos e do campionato de 'chia-lo eixe', no que os asistentes puideron empurrar unhas rodas de carros do país montadas sobre eixos. A xornada rematou cunha gran foliada.

0.15036511421204