Vilaragunte celebra o seu magosto o 7 de novembro cunha cea popular e música en directo

A parroquia de Vilaragunte, en Paradela, celebrará o seu tradicional magosto o vindeiro 7 de novembro, a partir das 22:00 horas, nunha cita organizada pola Comisión de Festas que promete combinar gastronomía, música e ambiente festivo.
Por un prezo de 15 euros, os asistentes poderán gozar dun menú completo que inclúe beicon, raxo, chourizo, postre e, por suposto, castañas, acompañados de bebida e café. A velada continuará con música e baile da man do Dúo Tropical, que animará a festa ata altas horas da madrugada.
As reservas poden realizarse a través dos teléfonos de Suso (616 306 142) e David (635 667 793), ata o 5 de novembro, data límite fixada pola organización.
Desde a Comisión de Festas subliñan que esta cita busca manter viva unha das tradicións máis queridas do outono galego, nun ambiente de confraternidade e celebración veciñal, no que o lume, as castañas e a música volven ser protagonistas.