Vilaragunte celebrará a VI Festa da Xuventude con música e troula o 11 de abril

A parroquia de Vilaragunte, no concello lucense de Paradela, prepárase para acoller unha nova edición da súa xa tradicional Festa da Xuventude.
O evento, que acada este 2025 a súa sexta edición, terá lugar o venres 11 de abril a partir das 23.00 horas, ao carón do Centro Social da localidade.
A xornada festiva contará coa actuación do Grupo Zona Zero, coñecido pola súa enerxía enriba do escenario e o seu variado repertorio musical, e coa presenza de DJ Min, que animará a noite coas súas mesturas máis bailables.
A festa está organizada pola Asociación Veciñal de Vilaragunte, que un ano máis aposta por dinamizar a vida social e cultural desta parroquia de Paradela.
Dende a organización convidan a veciños e visitantes a sumarse a esta cita pensada especialmente para a mocidade, pero aberta a todos os públicos.