Vilas en Flor consolida en varios municipios o modelo de vila máis verde e sostible

GaliciaXa | SarriaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa
Seis concellos da área da Coruña reciben entre 1 e 3 Flores de Honra, mentres que na de Lugo son dúas as que reciben entre 4 e 2 Flores de Honra na 8ª edición do programa
FLORES
Actualizada el 18 noviembre 2025, 11:09 horas
15 Nov 2025

Máis de corenta municipios galegos de menos de 40.000 habitantes participaron no Fórum Carballo na gala anual de Vilas en Flor Galicia, un programa que recoñece con entre 1 e 5 Flores de Honra a xestión sostible dos espazos verdes, a educación ambiental e a implicación da veciñanza no coidado da contorna.

Impulsada pola Fundación Juana de Vega xunto con ASVINOR e AGAEXAR, a iniciativa chega este ano á súa 8ª edición con 41 concellos adheridos das catro provincias galegas.

No máximo recoñecemento, con 4 Flores de Honra, están Allariz, Carballo, Chantada, Salceda de Caselas e Tomiño. Con 3 Flores, foron premiados Arteixo, Caldas de Reis, Cambados, Carballiño, Lalín, A Laracha, As Pontes de García Rodríguez, O Rosal, Salvaterra de Miño, San Sadurniño, As Somozas, Vilagarcía de Arousa e Vimianzo.

En categoría de 2 Flores de Honra destacaron Abegondo, Cuntis, Curtis, A Guarda, Leiro, Manzaneda, Marín, Mondariz-Balneario, Oza-Cesuras, Ponteareas, Sada, Sanxenxo, Sarria e Tui, mentres que Covelo, Culleredo, A Estrada, Mondariz, Mos, As Neves, Pobra de Trives, Ponteceso e San Xoán de Río recibiron 1 Flor de Honra.

Así, na provincia da Coruña, seis concellos da contorna da Coruña e das Mariñas conseguiron ser integrados en Vilas en Flor e foron distinguidos de novo polos seus programas ambientais: Arteixo acadou 3 Flores de Honra, mentres que Abegondo, Curtis, Oza-Cesuras e Sada foron recoñecidos con 2 Flores de Honra, e Culleredo recibiu 1 Flor de Honra.

Na provincia de Lugo, Chantada foi recoñecida con 4 Flores de Honra e Sarria cun 2 Flores de Honra.

Estas distincións valoran actuacións como a creación e mantemento de zonas verdes, a xestión eficiente da auga, a aposta por especies adaptadas e a integración da paisaxe nos usos cotidianos dos espazos públicos.

A gala, presidida polo presidente da Fundación Juana de Vega, Enrique Sáez Ponte, contou tamén coa participación da conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez Mejuto, e do alcalde de Carballo, Daniel Pérez López. Durante o acto subliñouse que a paisaxe e os espazos compartidos son un factor clave de calidade de vida e que Vilas en Flor pretende espallar unha cultura de coidado e boa xestión do territorio desde os concellos rurais e de tamaño medio.

Desde 2018, o movemento Vilas en Flor Galicia traballa para mellorar a planificación, o deseño e a xestión das zonas verdes urbanas e rurais nos municipios galegos con menos de 40.000 habitantes.

Vilas en Flor é un programa anual que recoñece con entre 1 e 5 Flores de Honra a traxectoria e ás accións levadas a cabo polos concellos na mellora e potenciación dos seus espazos verdes urbanos, na xestión sostible, na educación ambiental e na concienciación cidadá para o coidado do entorno. En Galicia está impulsado pola Fundación Juana de Vega, en colaboración coa Asociación de Viveiristas do Noroeste (ASVINOR) e a Asociación Galega de Empresas de Xardinería (AGAEXAR).

A filosofía deste programa aposta por unha visión máis ecolóxica e sostible do territorio, combinando criterios estéticos e ecofuncionais e entendendo o paisaxe como un escenario no que conflúen valores ambientais, culturais, históricos e sociais, co obxectivo de crear mellores lugares para vivir.

⚙ Configurar cookies
0.065969944000244