Vinte e seis comercios de Sarria ofrecerán descontos este venres e o sábado
O próximo venres e sábado, días 24 e 25 de novembro, o Centro Comercial Urbano de Sarria-ACES organiza o 'Black Friday' para promocionar as vendas dos artigos de tempada, incentivando ao consumidor a adiantar as compras de Nadal.
Serán dous días nos que os establecementos abrirán no seu horario habitual e ofertarán os seus productos ata un 20% de desconto cun cartel identificativo e promocional desta campaña, unha decoración especial que permitirá que os clientes identifiquen con claridade os participantes no Venres Negro do Centro Comercial Urbano de Sarria.
Os comercios participantes ofrecerán un desconto destacable na mercancía de tempada. Ademáis contarán cun soporte con código QR a través do cal os clientes poderán rexistrar as súas compras e participar no sorteo dun vale de 200 euros.
Esteblecementos participantes
Un total de 26 establecementos participarán nesta oitava edición, comercios que pertencen a moi diferentes sectores: textil, complementos, agasallo, calzado, decoración, óptica, iluminación, etc...
Concretamente, serán os establecementos Cris Abad, Atmosfera Sport, Dimar Moda, Cactus Rose, Duet Moda, Calzados Veiga, Ultreia, Zaida, Senayo, Vilamey Complementos, Micsport, Colorín Colorado, Mercería Sarillo, Moncho Moda, Lar de Menchu, Barja Shoes, Joyería Díaz, Calzados Gayoso, Trece Tablas, Sabrina, Isabel Moda, Electronova, Mercería Lucía, Lara pinturas y hogar, Peregrinoteca e Los Sueños de Uxía.