Virginia Quiroga Montaña primeira centenaria do Concello de Triacastela
O pasado 20 de febreiro, Virginia Quiroga Montaña, veciña de Triacastela cumpriu 100 anos. A avoa do Concello celebrou este día tan especial coa súa familia.
Virginia Quiroga Montaña naceu en Biduedo e casou no 1944 na parroquia de Vilavella onde se asentou na casa de Carballo de Vilar. Tivo cinco fillos, tres mulleres e dous homes, catorce netos e oito bisnetos.
Dous dos netos son os curas xemelgos de Triacastela; José Río Ramilo, cura en parroquias de Lugo e Jesús Río Ramilo, cura de parroquias do Courel e Quiroga.
Adicou a súa vida ao gando e as tarefas de fogar. E aprendeu de maneira autodidacta a ler e facer contas.
A alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, e o concelleiro Luis López Arias, visitárona no seu día na súa casa e fixéronlle entrega dunha placa conmemorativa e un detalle floral.