Voluntarios de distintos países europeos rematan un proxecto turístico para impulsar Samos

SarriaXa
Este venres Samos despediu ao equipo de voluntariados e voluntarias do programa European Solidarity Corps, que viñeron a Lugo a desenvolver o proxecto
voluntarios_europeos_proxecto_samos
2 Dec 2023

Este venres Samos despediu ao equipo de voluntariados e voluntarias do programa European Solidarity Corps, que viñeron a Lugo a desenvolver o proxecto Digital Lugo Creative Residence.

Durante estes días, o grupo de mozos e mozas de Italia, Alemaña, Portugal, Irán, Marrocos, e Túnez analizaron as posibilidades que ten o Concello en canto á aplicación das tecnoloxías ao turismo ademais de traballar con ferramentas de deseño para crear unha nova imaxe da zona.

Nos vindeiros meses verán a luz un vídeo novo sobre Samos, unha nova imaxe para o merchandaising, unha plataforma de realidade virtual, unha audioguía, varias rutas dixitais ou varios folletos do Concello.

0.08817195892334