Volve a actividade musical ao Buril de Sarria con varias actuacións
Despois do parón na actividade musical do Buril de Sarria, volven con máis forza organizando varios concertos de grupos de rock recoñecidos, como o grupo Catastróxico, Escöria Kova e Reanimatión.
Así, a primeira das iniciativas terá lugar o vindeiro mércores, 30 de agosto, co concerto Catastróxico a partir das 22.00 horas e no que a Marciano Orquestra traerá rock 'creepy' por 5 euros de entrada para as persoas interesadas.
Con respecto ao grupo de Escöria e Kova, estes traerán o mellor punk dende Río Grande, do Brasil, á sala do Buril o vindeiro 8 de setembro a partir das 23.00 horas, momento no que interpretarán os seus temas.
Por último, o 9 de setembro terá lugar o pequeno festival punk de Reanimation vol. 3 a partir das 22.00 horas e cun custo de entrada de 10 euros para as persoas interesadas en participar deste evento.