Volve a Feira de San Lázaro de Antigüidades e Restauración a Sarria

SarriaXa
Sarria recupera la Feria San Lázaro de Antigüedades y Restauración que tendrá lugar los próximos días 7 y 8 de mayo.
posto libros
6 Mar 2022

Volve a Feira de San Lázaro de Antigüidades e Restauración a Sarria. Despois de dous anos de parón, a celebración será os días 7 e 8 de maio e manterá a súa localización na Rúa Porvir.

A data habitual desta celebración era o primeiro fin de semana de abril, coa recuperación das actividades retómase esta feira de antigüidades malia que a data será posposta un mes, sendo o 7 e 8 de maio. Isto débese a que en abril a climatoloxía sole ser adversa polo que buscan consolidar a cita no mes de maio. Nesta edición celebra a súa 25 edición polo que se aproveitará para presentar a súa nova imaxe.

A rúa Porvir de Sarria destaca pola concentración de negocios do sector na mesma, por iso esta é a localización perfecta para esta feira.

Foi no ano 2020 cando a Feira cumpriu 25 anos de vida, porén, a situación sanitaria impediu a súa celebración que se levará a cabo nesta edición.

O mercado contará con establecementos da localidade como Lola Ribeira, Manuel Calzada, Porvir 39-Carmen Rodríguez e Echevarría e Hermanos Carabanas. Tamén contará coa presencia dalgúns expositores do mercadillo Quilate e outros alleos a Sarria.

A feira estará aberta de 11.00 a 20.00 horas e será completada con outras actividades.

0.1735520362854