Volve a Samos o Torneo Fútbol Sala, que cumpre este ano a súa XXX edición
O Fútbol Sala Samos organiza a XXX edición do seu tradicional campionato
Volve a Samos o Torneo Fútbol Sala Samos na súa XXX edición organizado polo equipo de fútbol sala Samos F.S.
Este evento está tengo lugar desde o 6 de abril ata hoxe, 9 de abril, patrocinado polo Concello de Samos e pola Deputación de Lugo.
En canto aos premios, o primeiro equipo gañador levarase 1.000 euros e un trofeo, o segundo será premiado con 500 euros e un trofeo, o terceiro conseguirá 250 euros e un trofeo, o cuarto 150 puntos e un trofeo, e o mellor equipo do Concello de Samos 150 euros e un trofeo.
Equipos
Os equipos participantes tiveron que pagar unha cota de participación de 150 euros e estanse a enfrontar uns contra outros de maneira aleatoria.
Estes equipos deben estar formados por un mínimo de seis persoas e un máximo de 12, aínda que, por anos anteriores, o normal é que estean conformados por 10 persoas.
Así, a experiencia doutros torneos é que “a participación da xente é moi grande”, como defende o segundo adestrador e tesoureiro do club, Óscar López González.
Como recordatorio, Óscar incide en que participan equipos con integrantes que comprenden idades desde os 15 anos ata maiores. Son equipos formados por todas as idades e mixtos, equipos só de rapaces, só de rapazas e mixtos.
Ademais, participan persoas de todos os recunchos de Galicia e de fóra de Galicia, poden ser equipos de aficionados ou federados.
Partidos
O Torneo Fútbol Sala Samos comezou o xoves, 6 de abril, día no que se dividiron os 24 equipos en 3 grupos de 8 equipos.
Así, tanto o xoves como o venres tiveron lugar as “liguillas”, como di Óscar, na que xogaron “todos contra todos” dentro dos grupos desde as 10.00 da mañá ata as 23.00 da noite.
Desta maneira, o sábado, de 09.00 a 23.00 horas, os dous primeiros de cada grupo pasaron a octavos. Despois, enfrontáronse en cuartos e semis, que deu o resultado de quen se enfronta este domingo na final.
Por último, hoxe, domingo terá lugar a gran final ás 18.00 horas.
Trinta aniversario
Este ano, esta iniciativa cumpre trinta anos, tendo en conta que leva 3 anos sen celebrarse debido á pandemia da covid.
Por iso, este ano, como nos di Óscar López, están moi motivados e están desexando que chegue esta cita.