Volve a Santiago de Cedrón a edición Malla: Un encontro para revivir a tradición e a convivencia

SarriaXa
O vindeiro 15 de setembro celebrarase a segunda edición Malla en Santiago de Cedrón, en Saa, Láncara
segunda-edicion-malla
9 sep 2024

O vindeiro 15 de setembro, Santiago de Cedrón, en Saa, Láncara, será o escenario da segunda edición Malla. Un evento que pretende poñer en valor unha das tradicións máis emblemáticas da cultura galega, ofrecendo a oportunidade de sumerxirse nunha das prácticas agrícolas do pasado.

Durante a xornada, os asistentes poderán presenciar unha recreación fiel do proceso da malla, recordando como no pasado se reunían os veciños e amigos nun esforzo coletivo por separar o gran da palla. Tras a demostración, terá lugar un xantar popular e ás 15.30 horas o Dúo Pedriñas amenizará a xornada.

Despois da primeira edición Malla, os veciños esperan con gran entusiasmo este encontro en Santiago de Cedrón como unha data destacada no calendario festivo de Láncara, invitando á comunidade e aos visitantes nunha xornada que combina a tradición, a convivencia e o baile.

0.18128490447998