Volve o Mercadillo Quilate este sábado a Sarria
Este sábado, 13 de novembro, Sarria volverá a acoller nas súas rúas o Mercadillo Quilate, esta festividade é unha das máis antigas do Concello ao celebrarse xa nos anos 90.
A recuperación desta feira supón que a cita se repita cada mes.
O mercadillo especialista en coleccionismo e antigüidades está organizado por coleccionistas e anticuarios da zona contando co apoio do Concello.
Haberá preto de 25 postos provenientes de toda Galicia, neles poderase atopar produtos antigos, artículos vintage e pequenas reliquias.
Malia que a súa intención é celebrar este mercadillo o primeiro sábado de cada mes a cita en decembro será o día 11. Isto faise para favorecer unha boa convivencia con outras festividades deste estilo que teñen datas próximas ao novo mercadillo de Sarria.
O mercadillo terá lugar no solar número 24-26 da Rúa Porvir e os postos estarán abertos de 10.00 horas a 17.00 horas.