Volven as actividades deportivas ao Concello do Incio para este curso 2024-2025

SarriaXa
O Concello do Incio oferta para este novo curso 2024-2025 clases de pilates, ximnasia de mantemento e zumba
ZUMBA-O-INCIO
26 sep 2024

O Concello do Incio oferta para este novo curso 2024-2025 clases de pilates, ximnasia de mantemento e zumba, que comezarán a partir do día 1 de outubro.

Desta maneira, as clases de pilates serán os luns e xoves ás 17.00 horas no Val do Mao e os martes e venres ás 17.00 horas en Vila de Mouros.

Pola súa parte, tamén haberá ximnasia de mantemento no Incio os luns e venres ás 11.00 horas e zumba os sábado e o 3º e 4º venres do mes ás 20.30 horas.

As persoas interesadas en anotarse poden facelo no Concello ou chamando ao 982 427 014.

0.18325090408325