Volven os Cantos de Taberna a Samos o vindeiro 12 de abril

SarriaXa
O evento, que poderá acoller ata 16 grupos, repítese este ano tras o gran éxito da pasada edición
Cantos-de-Taberna-Samos-2024
31 Mar 2025

A Asociación de Comerciantes e Artesáns de Samos organiza para o vindeiro 12 de abril a segunda edición do certame de cantos de taberna, que terá lugar nos bares da vila.

O evento, que poderá acoller ata 16 grupos, repítese este ano tras o gran éxito da pasada edición e conta co apoio do Concello de Samos e da Deputación de Lugo.

O obxectivo principal deste encontro é ofrecer unha alternativa de lecer á veciñanza, ademais de impulsar o sector da hostalaría e o comercio local.

⚙ Configurar cookies
0.036715984344482