Wandem Sound System e Toroki, novos confirmados do Festival Tremeterra do Incio

SarriaXa
Estes dous artistas actuarán o día 31 de agosto no Encoro de Vilasouto do Incio
Tremeterra-2024-O-Incio
23 Maio 2024

Os organizadores do Tremeterra Fest veñen de confirmar dous novos artistas que actuarán no Encoro de Vilasouto do Incio o vindeiro 31 de agosto.

Desta maneira, Wandem Sound System actuará no festival, que vén dende Burdeos, Francia, e é un colectivo formado por un grupo de vellos amigos apaixonados pola cultura sound system do Reino Unido e influenciados pola escena dub de Burdeos.

O seu percorrido musical bebe das fontes de artistas como Improvisators Dub, UzinaDub, Manutention, I-tist ou Dub Machinist... “Despois de poñer patas arriba coas súas sesións Francia e Europa, hai anos que deron un paso máis fabricando o seu propio sistema de son e lanzando as súas propias sesións regulares, xa convertidas nunha referencia da rexión como son as Burdeaux Dub School”, explican desde a organización do Festival.

Directamente dende Burdeos, Wandem Sound System viaxará co seu sistema de son, Full Soundsystem para sonorizar a noite do sábado nesta edición de Tremeterra. Desde a organización din que “desfrutaremos da súa experiencia en sesións de skimming e bailaremos a súa selección que vai desde o roots ata as producións modernas do dub stepper, viaxaremos a través do son coa súa sección de trompetas en vivo “The Hornsmen Section”, con Lix no trombón e Natty e Francis en saxofón, para presentar non tan só unha experiencia musical se non que tamén física”.

Por outra banda, tamén confirmaron a Toroki, produtor de Heavy Dub e activista de Soundsystem desde o momento que descubre a cultura “co único obxectivo de apoiar o movemento da música Dub con toda a súa forza”, sosteñen desde a organización do festival.

Unha gran base do seu traballo é a colaboración co experimentado MC Isayah ,que non só canta en case todas as melodías que crea, senón que tamén é unha parte importante dos shows en vivo que realizan. No seu proxecto vital e musical tamén traballa coa virtuosa flautista PiyaZawa ou cantante Dantey.

Desde a organización sosteñen que “Toroki será parte da familia do Tremeterra no día 31 de agosto de 2024 baixo o son dos seus xa coñecido a Wandem Soundsystem, onde amosará o seu potencial para todas vós”.

0.15891408920288