Wicked World actuará este sábado 5 en Sarria

SarriaXa
El grupo lucense Wicked World ofrecerá un concierto en el local de la Asociación Rúa da Música de Sarria este sábado 5 de febrero.
wicked world
2 Feb 2022

A Asociación Rúa da Música de Sarria comeza o ciclo de concertos anuais cos que busca celebrar o seu décimo aniversario. Será este sábado 5 de febreiro cando o grupo de música Wicked World encha o local social de música e bo ambiente.

Wicked World é un grupo creado no ano 2017 co propósito de facer tributo aos grupos e cancións dos anos 70, 80 e 90. En cada concerto que fan, márcanse como obxectivo facer bailar á xente coa música Rock que se deu neses tempos.

A cita deste sábado no local da asociación dará comezo as 23.00 horas e a entrada será de balde.

Desta forma, Carlos Doval no baixo, José Ángel Sánchez na batería, Saulo Sause na guitarra e Miguel Bello coa súa voz proporcionarán un ambiente festivo á vila, que servirá como unha actividade que axude a fortalecer lazos entre os veciños e será un momento de desconexión para os cidadáns.

A Asociación Rúa da Música pretende promover a cultura e o talento da vila e da contorna. Neste ano está a editar un disco no que se recollerán temas dos grupos que pasaron pola Asociación durante os seus dez anos de vida, ademais, ofrecerá diferentes concertos co fin de crear un ambiente festivo e musical en Sarria. A vindeira cita será o 19 de marzo con True Enemy.

0.16878199577332