Xa comezaron os traballos do obradoiro dual de emprego nos concello do Incio e de Bóveda

SarriaXa | RibeiraSacraXa
O alumnado do obradoiro dual de emprego O Incio, A Pobra do Brollón e Bóveda xa está a levar a cabo a mellora de espazos verdes nos concellos do Incio e Bóveda, intervindo en diferentes puntos.
Obradoiro dual O Incio e Bóveda
1 Feb 2024

O alumnado do obradoiro dual de emprego O Incio, A Pobra do Brollón e Bóveda xa está a levar a cabo a mellora de espazos verdes nos concellos do Incio e Bóveda, intervindo en diferentes puntos.

As seis persoas do obradoiro que están a actuar no Incio e en Bóveda, onde recolleron follas secas do chan, fixeron labores de mantemento dos xardíns públicos, poda e limpeza... en definitiva, os primeiros traballos consistiron no acondicionamento dalgúns lugares a través da xardinería.

O obradoiro de emprego que este ano dirixe o Concello do Incio conta cunha subvención de 532.546,20 euros da Xunta de Galicia, coa que se pode levar a cabo esta iniciativa.

0.17007303237915