Xa está aberta a estrada LU-636 ao seu paso por Sarria

SarriaXa
Xa está aberta a estrada LU-636 ao seu paso por Sarria despois das obras de drenaxe feitas para enchear a vía
obras LU 636 Sarria
25 Jun 2023

Xa está aberta a estrada LU-636 que estivo arranxando a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para mellorar a drenaxe transversal na contorna do polígono industrial de Mourelle, en Sarria, nas que investiu 56.700 euros.

Así, quedou rematada a reposición do pavimento da vía, que comunica este municipio con Becerreá, no punto quilométrico 3,700 e substituíuse a instalación de drenaxe, unha obra de fábrica formada por dous tubos de 600 mm de diámetro para ofrecer unha maior capacidade de drenaxe.

De feito, a actuación, que conta coa autorización da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, foi proxectada no marco da reparación de danos causados polo temporal de primeiros de ano nas estradas autonómicas da zona sur da provincia e para cumprir co concepto técnico da avenida dos 500 anos, para absorber o máximo caudal esperable na zona nese longo período.

0.14523887634277