Xa está aberta a Oficina de Información Turística de Samos

SarriaXa
As persoas interesadas poderán consultar ao técnico de Turismo do Concello toda a información que precisen
Oficina-turismo-Samos
21 Xuño 2024

A Oficina de Información Turística de Samos abre as súas portas para dar servizo aos turistas e peregrinos que cheguen ao municipio durante os meses de verán.

Desta maneira, estará aberta de martes a sábado en horario de mañá, de 10.00 a 13.30 horas, e en horario de tarde, de 16.00 a 18.00 horas. Pola súa parte, o domingos tamén permanecerá aberta desde as 11.00 ás 13.30 horas.

Ademais, xa se pode consultar co técnico de Turismo todo o que as persoas queiran saber sobre o Concello de Samos, como que visitar, onde comer, onde aloxarse, cales son as rutas máis interesantes, os miradoiros...

0.088176012039185