Xa está aberta a piscina municipal de Paradela

SarriaXa
Xa está aberta a piscina municipal de Paradela para o desfrute de veciños, veciñas e visitantes que pasen polo municipio
Campamento verán Paradela
3 Xul 2023

A piscina de Paradela abriu este sábado, 1 de xullo, en horario de 12 a 20 horas para as persoas que queiran desfrutar da auga nos días de máis calor.

Así, manterase aberta durante os meses de xullo e agosto para os veciños e veciñas, así como visitantes que veñan ata o municipio a coñecelo.

Ademais, a piscina municipal de Paradela servirá para que os nenos e nenas que se apunten ao campamento de verán 'Bo camiño' poidan desfrutar tamén de actividades nela.

0.13464498519897