Xa está aberto o prazo de inscrición para apuntarse aos cursos de natación de Paradela
SarriaXa
Xa está aberto o prazo de inscrición para apuntarse aos cursos de natación de Paradela nas piscinas municipais
6 Jul 2023
Xa está aberta a inscrición para os cursos de natación que organiza o Concello de Paradela para nenos e adultos nas piscinas municipais de Paradela durante os meses de verán.
Así, as persoas interesadas en apuntarse poderán facelo nas piscinas municipais, en horario de 12.00 a 20.00 horas e ata o vindeiro 20 de xullo, para poder aprender o básico para poder nadar.
As piscinas, que están abertas desde o pasado sábado, ademais, acollen diferentes actividades durante o verán para os nenos e nenas que están a participar do campamento de verán de Paradela.