Xa está aberto o prazo de inscrición para apuntarse aos cursos de natación de verán do Concello de Sarria

SarriaXa
Para inscribirse, as persoas interesadas deberán achegarse ao Centro Deportivo e de Saúde de Sarria
centro-deportivo-sarria
10 Jun 2024

Xa está aberto o prazo para apuntarse aos cursos de natación de verán do Concello de Sarria, aínda que ata o día 17 non poderán facerse cos abonos.

Desta maneira, os cursos realizaranse nas piscinas do municipio ao aire libre en catro quinces: do 1 ao 15 de xullo, do 16 ao 31 de xullo, do 1 ao 14 de agosto e do 16 ao 30 de agosto.

Os horarios a escoller serán: de 12.00 a 12.30 horas, de 12.30 a 13.00 horas e de 13.00 a 13.30 horas para iniciación, medio ou perfeccionamento; e de 13.30 a 14.00 horas para 2-3 iniciación, iniciación e medio; e de 14.00 a 14.30 horas para adultos medio e perfeccionamento.

Para inscribirse, as persoas interesadas deberán achegarse ao Centro Deportivo e de Saúde de Sarria, na parte das instalacións da piscina climatizada.

0.15708589553833