Xa está aberto o prazo de inscrición para apuntarse ás actividades da Escola de Música de Sarria
A Escola Municipal de Música de Sarria abre a matrícula para apuntarse ás actividades musicais que ofrece para o curso 2023-2024, nas que se inclúe acordeón, clariete, frauta, gaita, lingua musical, guitarra, música e movemento, estimulación musical temprana, percusión, piano, piano complementario, trombón, trompeta, saxofón, tuba ou bombardino e trompa.
As persoas interesadas en participar dalgunha destas actividades poderán facelo do 3 ao 6 de xullo para a matrículo de continuidade, do 10 ao 13 de xullo na matrícula preferente e do 17 ao 20 de xullo para unha nova matrícula.
Os alumnos matriculados durante todo o curso anterior en música e movemento e queiran solicitar un instrumento por primeira vez terán que cubrir o papel de matrícula preferente.
Ao igual que en anos anteriores, as solicitudes presentaranse de forma presencial nas instalacións da Escola de Música de Sarria, na rúa Pedro Saco, en horario de 10.00 a 14.00 horas.