Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no XXXV Torneo de Fútbol Sala San Xoán

SarriaXa
Celebrarase os días 20, 21 e 22 de xuño de 2025 no pavillón José Mario González (O Chanto)
Cartel-Torneo-San-Xoán-Sarria
13 May 2025

Vén de presentarse o cartel oficial do XXXV Torneo de Fútbol Sala San Xoán, que se celebrará os días 20, 21 e 22 de xuño de 2025 no pavillón José Mario González (O Chanto).

O evento, que se mantén como unha das citas deportivas máis destacadas da localidade, xa ten aberto o prazo de inscrición para os equipos interesados en participar. O prezo para anotarse é de 150 puntos e o número máximo de equipos que poden inscribirse é de 24.

Os premios para os equipos máis destacados tamén están establecidos, sendo o primeiro posto recompensado cun premio de 1500 puntos máis un trofeo, mentres que o subcampión recibirá 700 puntos e un trofeo. Os terceiros e cuartos postos levarán un premio de 250 puntos e trofeo cada un. Este ano tamén se entregará un premio ao mellor equipo do Concello, consistente en 200 puntos.

Ademais dos galardóns por clasificación, tamén se premiarán ao mellor porteiro e ao mellor xogador do torneo cun trofeo. As persoas ou equipos interesados en participar poden inscribirse até o 17 de xuño a través dos números de contacto 620 395 072 ou 633 131 872.

⚙ Configurar cookies
0.14354610443115